Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36971

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de teleasistencia domiciliaria desta deputación provincial.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto máximo autorizado para o ano 2013 de 86.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32 ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84, ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 11 de setembro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense