Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 28 de agosto de 2013, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00156-O-2013 e OU-00165-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 28 de agosto de 2013

P.S. (Resolución do 4.6.2013)
Gerardo Álvarez Reza
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00156-O-2013

0491-GPX

Garda Civil 3201 L82181K

Xosé Lois Colmenero Fernández

76717736V

Bemposta, 66

32616 Vilardevós (Ourense)

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 13 %

10.1.2013; 17.05; N525; 0220,000

Art. 142.2 LOTT Art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.1.c) ROTT

371 euros

OU-00165-O-2013

7189-FMG

Garda Civil 3203 L24919Z

Hercanbus, S.L.

B82055948

Estrada M-113 de Barajas a Paracuellos del Jarama

28860 Paracuellos del Jarama (Madrid)

Realizar transporte público discrecional de viaxeiros en vehículos de máis de 9 prazas, sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

20.10.2012; 17.39; A52; 0181,000

Art. 142.9 LOTT Art. 199.9 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT Art. 201.1.b) ROTT

201 euros