Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 28 de agosto de 2013, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00324-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 28 de agosto de 2013

Gerardo Álvarez Reza
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00324-O-2013

6524-FWP

Garda Civil 3201 A47914C

By Products C3, S.L.

B94001823

Cruz Gallastegui 20, 1º B

36002 Pontevedra

Exceso nos tempos máximos de condución diaria ata un 20 % (sobre 10 horas). Máis de 10.30 horas a 11.00 horas.

25.1.2013; 16.49.00; A52; 0202,000

Art. 142.3 LOTT, art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

325 euros