Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 4 de setembro de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do 2 de xullo de 2013, ditada no expediente sancionador AC-85/13, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Félix Collazos López, os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución do presente procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro) e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor, para a súa incorporación ao expediente, cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que se pretenda valer, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 4 de setembro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-85/13.

Denunciado: Josep María Bouzas Barranco.

NIF: 48115072S.

Establecemento: O Centro.

Enderezo: lugar de Silvar, 39, Sésamo.

Localidade: Culleredo.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letras a) e b) da Lei 7/2011.

Incoación: 2 de xullo 2013.

Sanción: multa de douscentos setenta e cinco euros (275 €).