Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de actualización tecnolóxica de software base de servidor da Xunta de Galicia (expediente 25/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 25/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para a actualización tecnolóxica do software de servidor existente nos centros de proceso de datos dependentes da Xunta de Galicia.

Neste servizo estará incluído o soporte, mantemento e actualización de todas as licenzas de software indicadas no inventario de software de servidor a manter, tanto para licenzas sen soporte en vigor como para aquelas nas que o seu actual contrato de soporte finaliza durante a vixencia desta contratación.

b) División por lotes e número: si, 5.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.003.034,31 €, mais 210.637,20 € que corresponden ao IVE (21 %) calculado sobre o orzamento máximo autorizado, o que supón un total de 1.213.671,51 € (un millón dous centos trece mil seis centos setenta e un euros con cincuenta e un céntimos), distribuíndose nas seguintes anualidades considerando como inicio do contrato o 1.10.2013:

Lote

Ano 2013

Ano 2014

Ano 2015

Total

1

63.054,67 €

272.188,29 €

204.141,22 €

539.384,18 €

2

4.840,00 €

69.308,80 €

73.053,75 €

147.202,55 €

3

1.945,12 €

57.714,00 €

124.593,89 €

184.253,01 €

4

3.575,55 €

88.749,00 €

109.293,89 €

201.618,44 €

5

6.581,59 €

76.934,73 €

57.697,01 €

141.213,33 €

Total

79.996,93 €

564.894,82 €

568.779,76 €

1.213.671,51 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19540

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 10.10.2013.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres 1 e 2 indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de los anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 1.2.2013.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 11.9.2013.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia