Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e trámite urxente, do servizo de limpeza das oficinas da rúa Sáenz Díez números 33 e 39 baixos de Ourense.

A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar en Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

c) Número de expediente: 87/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servizo de limpeza das oficinas da rúa Sáenz Díez números 33 e 39 baixos de Ourense.

b) Prazo de execución: 2 anos.

3. Procedemento e tramitación:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Orzamento de licitación: 96.000 € (IVE incluído); o importe do IVE é de 16.661,16 €.

5. Garantía: definitiva: 5 % prezo de adxudicación (S/IVE).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.

b) Enderezo: avda. da Habana, 79, 4º andar, 32004 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 96, telefax: 988 38 68 30.

d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19484.

7. Capacidade e solvencia: exíxese a clasificación no grupo U, subgrupo 1, categoría A.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 68 30), correo electrónico ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avda. da Habana 79, 4º andar, 32004 Ourense.

b) A data e hora da apertura publicarase na plataforma de contratación coa antelación suficiente.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato (o custo por cada liña deste anuncio é de dez con oitenta e dous euros - 10,82 €).

Ourense, 30 de agosto de 2013

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense