Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Oroso (expediente IN407A 2013/150-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Calviño Remeseiro, S.L.

Domicilio social: lugar Peteiro, s/n, 15688 Oroso.

Denominación: CS+LMTS+CT 250 kVA para taller reparación palets.

Situación: pol. ind. San Martiño, Vilacide de Arriba, s/n.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada con inicio en paso aereosubterráneo en LMT SIG802 (Ordes) derivando desde apoio augas arriba do CT 15AGGM3, 370 metros, RHZ1 12/20 kV 1 × 240 mm2 Al, e final en centro de seccionamento proxectado, prefabricado con tres celas de liña 24 kV 400 A. Centro de transformación prefabricado con cela de liña, de protección e de medida, 24 kV 400 A, transformador aceite 24-20/0.42 kV, 250 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, 1º andar, no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 23 de agosto de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña