Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados (Asgoca).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou acta da asemblea xeral ordinaria, do 15 de marzo de 2013, en que se recolle a modificación dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social