Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación de Empresarios de Servicios Sociales y de Ayuda a Domicilio de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que:

No correspondente servizo desta dirección xeral recibiuse acta da asemblea xeral da Asociación de Empresarios de Servicios Sociales y de Ayuda a Domicilio de Galicia, que tivo lugar o 19 de xullo de 2013, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 33 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social