Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de mellora do núcleo rural de Mamoela.

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria do 5 de setembro de 2013, aprobou inicialmente o Plan especial de mellora do núcleo rural de Mamoela, neste concello, que ten como obxectivo a delimitacións das aliñacións en todo o núcleo e a redefinición e novo trazado de parte dunha vía existente, redactado con base no establecido no artigo 72.2 da LOUGA, afectando o dito plan os terreos incluídos no núcleo de Mamoela.

De conformidade co establecido no artigo 87.5 da devandita lei, e a súa remisión ao artigo 86.2, sométese a información pública por prazo de vinte días, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia. O presente anuncio publicarase tamén nun xornal dos de maior difusión na provincia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para poder formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Ribadumia, 9 de setembro de 2013

Mª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa