Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36445

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de aprobación de convenio urbanístico para cesión de terreos destinados a dotacións públicas.

Con data do 6 de xuño de 2013 subscribiuse a proposta de convenio urbanístico entre Filomena Oubiña Martínez e o Concello de Ribadumia, de cesión de terreos destinados a dotacións públicas, de acordo co establecido no artigo 173 da LOUGA, para a levar a cabo as previsións do Plan especial de mellora do núcleo rural de Mamoela que se atopa en tramitación, resultando aprobada a devandita proposta polo pleno municipal en sesión do 5 de setembro de 2013.

De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. O presente anuncio publicarase tamén nun xornal dos de maior difusión na provincia.

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Ribadumia, 9 de setembro de 2013

Mª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa