Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de inicio de procedemento de expropiación forzosa.

Exponse ao público, polo prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de expropiación de parte da parcela núm. 2490-C (parcela catastral 3685) do plano de concentración parcelaria de Oroso-A Gándara-Deixebre-Trasmonte (referencia catastral 15061A501036850000MT), situada no lugar do Cruceiro (Oroso).

Exprópianse 41,72 m2 no lado norte da parcela, que linda coa estrada que une os núcleos rurais de Valverde (Vilarromarís) e O Cruceiro (Oroso), que o PXOM cualifica como sistema xeral viario de titularidade pública.

Faise público para que, conforme o artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aqueles que poidan resultar interesados formulen as alegacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Oroso, 23 de agosto de 2013

Eduardo Veiras Rey
Alcalde en funcións