Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36442

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza municipal para tanatorio e funeraria.

Laureano Martínez García, en representación de Funeraria Martínez, S.L. solicita licenza municipal para edificio destinado a tanatorio e funeraria no lugar da Painceira, parroquia de Visantoña, parcela 333 do polígono 501 de catastro, no termo municipal de Mesía. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 10 de setembro de 2013

Mariano Iglesias Castro
Alcalde