Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo consistente na dirección de obra relativa ás obras de rehabilitación da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 47 32 e 981 54 12 22 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 42 59.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

maria.blanco.aller@xunta.es ou juan.pintos.martinez@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19397

8º. Data límite da obtención de documentación e información: 8 de outubro de 2013.

d) Número do expediente: SESE 20/EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na dirección de obra relativa ás obras de rehabilitación da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: praza da Palloza, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

e) Prazo de execución: o indicado na alínea K da folla de especificacións.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 71200000-0. Servizos de arquitectura e servizos conexos, 71210000-3. Servizos de asesoramento en arquitectura, 71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 341.453,93 € (IVE excluído) incluídas as posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 310.412,66 €.

Importe total: 375.599,32 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 de outubro de 2013, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sala de xuntas D do Complexo Administrativo San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación técnica e de criterios de adxudicación non avaliables automaticamente», terá lugar ás 12.00 horas, o día 18 de outubro de 2013. O lugar, día e hora do segundo acto público, de apertura do sobre C «Proposición económica e criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza