Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación do servizo consistente na dirección da execución das obras de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña, polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 47 32 y 981 54 12 22 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 42 59.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

maria.blanco.aller@xunta.es ou juan.pintos.martinez@xunta.es

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19396

Data límite da obtención de documentación e información: 8 de outubro de 2013, ás 14.00 h.

d) Número do expediente: 2013-SESE 21-PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de dirección da execución das obras de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: praza da Palloza, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Coruña 15006.

e) Prazo de execución: axustarase ao indicado na alínea K da folla de especificacións.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 71200000-0 Servizos de arquitectura e servizos conexos. 71210000-3 Servizos de asesoramento en arquitectura. 71221000-3 Servizos de arquitectura para edificios.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 341.453,93 € (IVE excluído) incluídas as posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 310.412,66 €.

Importe total: 375.599,32 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 de outubro de 2013, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas D do Complexo Administrativo de San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano. Soto.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios non avaliables de xeito automático», terá lugar ás 12.30 horas, o día 18 de outubro de 2013. O lugar, día e hora do segundo acto público, «Lectura da avaliación do sobre B» e de apertura do sobre C «Documentación relativa aos criterios avaliables mediante fórmulas», indicarase oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza