Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-72/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á titular do establecemento que se relaciona no anexo que se achega a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, ao non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco, recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001 de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avda. da Habana nº 79-2º de Ourense.

Unha vez transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Malia o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso de alzada perante o a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 27 de agosto de 2013

Luis Menor Pérez
Xefe territorial accidental de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-72/13.

DNI: 76715715-P.

Denunciada: Mª Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: r/ Curros Enríquez nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 450 €.