Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 7 de agosto de 2013, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra os expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01453-O-2012 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes que se citan no anexo, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2013

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

PO-01453-O-2012

1328-DYV

Garda Civil

3601 B29653D

Confort Autos Galicia, S.L.

B15778517

Avda. Exército, 21-entres. 7, 15006 A Coruña

Carencia de libro de reclamacións nos locais e nos vehículos.

16.4.2012; 12.42; PO-531; 4,5

Art. 141.19 LOTT,

art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.e) LOTT,

art. 201.1.e) ROTT

1.001

Desestimado

PO-02028-O-2012

5715-DCG

Garda Civil

3603 G29360D

Galespor

B94015419

Avda. de Lugo, 82, 36003 Pontevedra

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de autorización.

6.6.2012; 11.15; EP-2603; 2,3

Art. 141.31 LOTT,

art. 140.1.9 LOTT,

art. 198.31 ROTT,

art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT,

art. 201.1.f) ROTT

1.501

Desestimado

PO-02543-O-2012

4236-DJD

Garda Civil

3304 L18514F

Grupo Acibar Cileno, S.L.

B36597698

Lg. Aboi, 33 A., Santo André de César, 36653 Caldas de Reis (Pontevedra)

Incumprimento por parte do condutor da obriga de realizar por si mesmo determinadas entradas manuais ou anotacións no aparello de control de tempos de condución e descanso ou nas follas de rexistro.

10.5.2012; 13.15; A-66; 68

Art. 141.8 LOTT,

art. 198.8 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT,

art. 201.1.f) ROTT

1.501

Desestimado