Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2013/182-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CR Sanguiñeda.

Situación: Mos.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-110 de 102 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 proxectado nas saídas Mos705-Mos706 e final no apoio nº 4 existente nas saídas Mos705-Mos706. LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 100 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio nº 3 proxectado nas saídas Mos705-Mos706 unha vez entre e saia do CR proxectado de Sanguiñeda. Centro de reflexión, 4L en edificio prefabricado manobra interior, situado en Monte, Sanguiñeda, Mos.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de agosto de 2013

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: Mos; lugar: monte; polígono 58, parcela 18, referencia catastral: 36033A058000180000SZ; titular: Serafín Simoes Pequeño; afección: 44,02 m2 de solo para o apoio nº 3 e para o centro de reflexión.