Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión do 23 de agosto de 2013 de non someter a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Coirós: alteración das aliñacións dos núcleos rurais de Coirós respecto da estrada N-VI, concello de Coirós, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual nº 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Coirós: alteración das aliñacións dos núcleos rurais de Coirós respecto da estrada N-VI, Concello de Coirós, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1567/2013.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental