Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 13 de agosto de 2013, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican os requirimentos de pagamento realizados ás persoas que prestaron caución nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01276-O-2010 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos fiadores que a seguir se relacionan, os requirimentos de pagamento das sancións impostas por resolución firme en expedientes sancionadores por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres; posto que as persoas sancionadas non as aboaron.

O importe da sanción deberá ser pagado dentro do prazo de 15 días hábiles contado desde o día seguinte ao da públicación desta cédula, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2013

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Fiador

Último enderezo coñecido

LU-01276-O-2010

63IM28

Garda Civil

2702 U89694K

Transportes Bandeiras, Lda.

500763097

Albergaria, Juncal-Porto de Mos, 2480-071 Juncal

Exceso nos tempos máximos de condución ata un 20 %.

22.7.2010; 11.30; A6; 484

Art. 142.3 LOTT

art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

art. 201.1.c) ROTT

370

Biostim, S.L.

(A/A: José Ramírez Pérez)

Príncipe de Asturias, 39, 41720 Los Palacios y Villafranca (Sevilla)

OU-00161-O-2008

01-DT-67

Garda Civil

3201 I71974Z

Marsou, Lda.

Avda. S. Teotonio-edif. Status, LOJ. 53-1º, 4930-594 Portugal

Realizar transporte público ou privado de cabotaxe (interior) de mercadorías con vehículo conducido por persoa dun país terceiro (non da UE), non levando a bordo do vehículo o correspondente certificado.

22.12.2007; 10.05; A-52; 252,0

Art. 142.9 Lei 16/1987, do 30 de xullo,

art. 199.9 RD 1211/1990, do 28 de setembro

Art. 143.1.b) Lei 16/1987, do 30 de xullo,

art. 201.1.b) RD 1211/1990, do 28 de setembro

201

Transportes de Mercancías Marsou, S.A.

Estra. Cerquido-Ribadelouro, s/n, 36400 O Porriño (Pontevedra)

OU-00763-O-2008

52-54-TS

Garda Civil

3203 L24919Z

Transgados-Tte. de Gados, Lda.

1º de Janeiro, 9, 2965 Poceirâo (Portugal)

Levar inserida unha folla de rexistro sen anotar o nome e o apelido do condutor ou levar o documento de impresión sen identificarse e asinar o condutor.

25.4.2008; 18.15; A-52; 132,0

Art. 140.22 Lei 16/1987, do 30 de xullo,

art. 197.22 RD 1211/1990, do 28 de setembro

Art. 143.1.h) Lei 16/1987, do 30 de xullo,

art. 201.1.h) RD 1211/1990, do 28 de setembro

3.301

Grupo Intergesaco, S.A.

(A/A: Juan Tejada Baena)

Avda. Madrid, 120, 30007 Molina de Segura (Murcia)

XC-00376-O-2010

01-GT-70

Garda Civil

504 A16214-Q

Doctrans Transportes Rodoviarios de Mercadorías

506473236

Rúa da Misericordia, 12/20, esc. 28 P. 6, Lisboa (Portugal)

Minoración ata o 20 % nos períodos de descanso obrigatorio (descanso diario sobre 9 horas).

13.1.2010; 12.25; AP53; 6,0

Art. 142.3 LOTT,

art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.1.c) ROTT

400

Asistencia Gestrans, S.L.

(A/A: Juan Andrés Iglesias Melo)

R/ Manuel Antón, 13-2 D, 03004 Alacant