Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión do 20 de agosto de 2013 de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para recoñecemento de solo urbano consolidado no Camiño da Cerámica, con ordenación detallada, concello de Xinzo de Limia, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para recoñecemento de solo urbano consolidado no Camiño da Cerámica, con ordenación detallada, concello de Xinzo de Limia, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1564/2013.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental