Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2013/088 e LU-RES 2013/172.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificado por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70- 2º do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do plazo fixado.

Lugo, 20 de agosto de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/088.

Denunciado: Samuel Montoya Montoya.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/172.

Denunciado: Matías Montoya Bentos.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.