Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36073

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública relativo ao estudo de detalle na avenida Joaquín Planells Riera III (631/146/2007).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 18 de xuño de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Executar a sentenza nº 199/2013 da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, resolta no curso do procedemento ordinario nº 4407/2010 e, na súa consecuencia:

a) Entender aprobado inicialmente o estudo de detalle da parcela correspondente á ordenanza de transformación nº 7-F10.06 Avenida Joaquín Planells Riera III do PXOM de 1998, promovido pola entidade Promoción Agropecuaria e Industrial, S.A., segundo documentación presentada no rexistro municipal o 5 de novembro de 2008.

b) Expedir certificación acreditativa da aprobación inicial por silencio administrativo.

c) Someter a información pública o estudo de detalle polo prazo de vinte días hábiles mediante notificación aos propietarios catastrais afectados e publicacións no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación na provincia.

d) Ordenar a dilixencia do estudo de detalle co selo de aprobación inicial.

Segundo. Notificar este acordo á entidade Promoción Agropecuaria e Industrial, S.A. e á Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

O estudo de detalle sométese ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e formular as alegacións que considere oportunas. A consulta pódese efectuar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto 1-3), en horario laborable, de luns a venres, así como na web municipal www.coruna.es, Urbanismo, exposición pública.

Os gastos desta publicación serán aboados por Promoción Agropecuaria e Industrial, S.A.

A Coruña, 18 de xullo de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo