Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36075

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza para a reforma de unidade de subministración (expediente 7231/13).

Por instancia de Campodeza, S.C.L., representada por Manuel Pichel Silva, o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza para a reforma de unidade de subministración no lugar do Castro, parroquia de Gresande, Lalín (expediente 7231/13.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, se é o caso, alegacións ou reclamacións a el durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 5 de setembro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo