Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza para supermercado.

Mercadona, S.A., solicita licenza de obras e apertura para un supermercado-aparcadoiro, na avda. Fraga Iribarne, nº 7, segundo proxecto adxunto (expediente de obras nº 19/2013 e apertura nº 1/2013). E, en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, exponse o citado expediente a información pública por un período de vinte días contados a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, co fin de que durante este, quen se considere afectado dalgún modo pola devandita actividade poida examinar o expediente orixinado e presentar as observacións ou alegacións que consideren oportunas.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Betanzos, 14 de agosto de 2013

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente