Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35996

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pol

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza municipal para construción de silos e almacén.

A sociedade Agropegal, S.A.T. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de silos e almacén para explotación de vacún de leite nas parcelas 442, 443 e 444 do polígono 5, no lugar de Churiz, parroquia de Caraño, termo municipal de Pol, o que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de 20 días para os efectos de alegacións que os interesados consideren oportunas.

Pol, 2 de setembro de 2013

Lino Rodríguez Ónega
Alcalde