Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35997

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de exposición ao público de solicitude de licenza a nome de Edesdev, S.L.

Sergio Daniel González Martínez, que representa á entidade Edesdev, S.L. solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado á fabricación de pezas plásticas inxectables nunha nave situada na rúa 13, núm. 22 do polígono industrial deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 2 de setembro de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde