Alfredo Abraira Fernández solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de instalacións para explotación de vacún de leite na parcela 306 do polígono 124, no lugar de Baílle, parroquia de Suegos, termo municipal de Pol, o que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de 20 días para os efectos das alegacións que os interesados consideren oportunas.
Pol, 2 de setembro de 2013
Lino Rodríguez Ónega
Alcalde