Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de agosto de 2013 pola que se notifican as resolucións dos recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 15 de xaneiro de 2013, ditada no expediente IU1/11/2012, devoltas polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo), ditou o 8 de agosto de 2013 as resolucións polas cales se resolven os recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 15 de xaneiro de 2013, ditada pola Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Lamelas núm. 16, no termo municipal de Cedeira, provincia da Coruña.

Ao non se lle poderen realizar as notificacións persoais daquelas resolucións a Laura Iglesias García, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle á citada interesada esas resolucións.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro das resolucións que se lle notifican se encontran ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido o dito prazo, as notificacións entenderanse producidas.

Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2013

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística