Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2013 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) do servizo para o desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. Zonas Norte, Centro e Sur.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e de publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade á actuación que a continuación se relaciona en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade encomendante:

Organismo: Augas de Galicia.

Actuación: servizo.

Tipo de tramitación: encomenda de xestión á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Obxecto do contrato.

Título: prórroga do servizo para o desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. Zonas Norte, Centro e Sur.

Clave do expediente: OH.988.336.SV.

Descrición: o obxectivo xeral deste servizo é dispoñer dun servizo de apoio para a identificación de puntos de verteduras para os efectos da elaboración dun mapa dinámico de verteduras en Galicia-Costa, así como garantir a coordinación e xestión axeitada da información das alertas producidas por verteduras ao dominio público, que permita a visita ás zonas afectadas con inmediatez e a execución das medidas e actuacións necesarias para a reparación ou, de ser o caso, eliminación das causas que orixinaron as verteduras detectadas.

Orzamento: importe neto: 441.533,38 euros. Importe total: 534.255,39 euros.

Data da formalización da encomenda de xestión: 5 de agosto de 2013.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida cofinánciase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvmento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual), actuación 3.46.10: actuacións e medidas encamiñadas ao control das verteduras e da contaminación das masas de auga. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file