Lorena Gondar Mascato solicitou licenza municipal de actividade para a instalación e apertura dunha área de ocio infantil (expediente 188/13), que se situará no Porto de Meloxo, nº 8. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de Urbanismo e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.
O Grove, 9 de agosto de 2013
Miguel Ángel Pérez García
Alcalde