Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza para pizzaría.

Paola Lorena Martínez Giri solicitou licenza municipal de actividade para instalación e apertura dunha pizzaría (expediente núm. 176/13), que se situará na avenida Beiramar nº 134, baixo e 1º. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de Urbanismo e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 2 de agosto de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde