Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35905

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública sobre actividade de exposición e taller de vehículos.

Neste concello atópase en trámite expediente de licenza de actividade para a legalización de actividade de exposición e taller de vehículos na rúa Ourense 152-154, promovido por César Manuel Vázquez Parga en nome e representación de Cesmauto, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, respectivamente, co obxecto de que o poidan examinar, na Secretaría do concello, en horas de oficina, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Monforte de Lemos, 20 de agosto de 2013

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde