Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (156/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de vacacións 156/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Varela Lema contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., sobre vacacións, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013.

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte ao decreto, declároo firme e acordo o arquivamento destas actuacións.

Así mesmo faise constar, para os efectos previstos no artigo 239 da LXS, que o decreto foilles notificado con data do 14.5.2013 a Iván Varela Lerma, o 15.5.2013 ao Ministerio Fiscal e o 1.7.2013 a Limpiezas El Polígono.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2013

A secretaria xudicial