Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (468/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de actos preparatorios 468/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Fandiño Miras contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. sobre actos prepara. e medi. p., se ditou a seguinte resolución:

«Cédula de requirimento.

Órgano xudicial que require: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: actos preparatorios 468/2013.

Persoa a que se require: Esabe Vigilancia, S.A.

Obxecto do requirimento:

En virtude de resolución, Auto do 29.7.2013, do cal se achega copia, acórdase requirir a Esabe Vigilancia, S.A. para que no prazo de cinco días lle achegue a Antonio Fandiño Miras copia das nóminas do dito traballador, correspondente aos meses de xuño a setembro de 2012, ambos os dous inclusive.

Santiago de Compostela, trinta e un de xullo de dous mil trece. A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma o requirimento á demandada Esabe Vigilancia, S.A., por estar en paradoiro ignorado, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, así mesmo, fáiselle saber que dispón dunha copia do auto á súa disposición na oficina deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial