Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35542

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza (expediente 7211/13).

Por instancia de Ganadería Arca, S.C., o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra de reforma e ampliación de corte de gando vacún, fosa de xurro e silo, no lugar de Gondoriz Grande, parroquia de Vilatuxe, Lalín (expediente  7211/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas, e se formulen, se é o caso, alegacións ou reclamacións durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 22 de agosto de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo