Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre apertura de local para comercio polo miúdo de produtos agrícolas.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Lucía Sande González solicita licenza de apertura para comercio polo miúdo de produtos agrícolas no local sito na estrada de Vigo, nº 51, baixo, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 7 de agosto de 2013

Áurea E. Soto Vázquez
Alcaldesa en funcións