Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo para a dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde en fase de execución da fase I do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) no marco dos proxectos Innova Saúde e H2050, cofinanciados nun 80 % pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder fondo tecnolóxico 2007-2013 (AB-SER3-13-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

4) Teléfonos: 881 54 18 38, 881 54 27 73 (cuestións administrativas) e 881 54 27 74, 881 54 03 05 (cuestións técnicas).

5) Telefax: 881 54 27 62, 881 54 86 11.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes do día 11.10.2013.

d) Número do expediente: AB-SER3-13-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo para a dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde en fase de execución da fase I do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, CHUO, no marco dos proxectos Innova Saúde e H2050, cofinanciados nun 80 % pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder, fondo tecnolóxico 2007-2013.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Lugar de entrega:

1) Enderezo: léanse os pregos. Rexistro da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

2) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución: será o que resulte da oferta adxudicataria das obras de construción (conforme o programa de execución da obra) e, de ser o caso, as prórrogas que se acorden, ao que se lle incrementará o tempo preciso para a realización dos traballos de recepción, liquidación e o prazo de garantía ofertado pola empresa adxudicataria das obras. O seu cómputo iniciarase o día da comprobación da implantación da obra, agás que exista reserva fundada que impida o comezo desta.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 71240000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.

4. Valor estimado do contrato: 1.016.377,71 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.016.377,71 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 1.229.817,03 €. Ver pregos.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata o día 11.10.2013.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admite.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos sobre B e sobre C en actos públicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario. Ver punto 2.5.5 do prego.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.8.2013.

12. Outras informacións: a contratación deste servizo queda expresamente condicionada á adxudicación e formalización do contrato de obras da fase I do Plan director H2050 do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, CHUO, (expte. AB-SER3-13-001). Esta contratación recóllese no marco dos proxectos Innova Saúde e H2050, cofinanciados nun 80 % pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder fondo tecnolóxico 2007-2013. O proxecto, o prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas poderanse examinar na Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos; ou tamén no perfil do contratante http://www.sergas.es

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos