Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35154

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (851/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 851/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Codesido Pereira contra a empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear, S.L.) e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación:

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2013.

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte ao Decreto do 24 de maio de 2013, declároo firme, e acordo o arquivo destas actuacións.

Así mesmo, faise constar para os efectos previstos no artigo 239 da Lei de xurisdición social, que o citado decreto lle foi notificado con data do 24 de maio de 2013 á demandante, e con data do 24 de maio de 2013 ao Fogasa, e o 4 de xullo de 2013 á demandada.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorreu.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación en legal forma a Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear, S.L.), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2013

A secretaria xudicial