Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución dos expedientes Illas-2013-05, Illas-2013-06 e Illas-2013-42.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos procedementos Illas-2013-05, Illas-2013-06 e Illas-2013-42.

As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Servizo de Conservación de Espazos Naturais), situadas na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das interesadas en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente. Transcorrido este prazo sen terse presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: Illas-2013-05.

Interesada: Luzlux, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ García Barbón, 29, 6º D, 36201 Vigo.

Expediente: Illas-2013-06.

Interesada: Social Blue Markets, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: travesía de Vigo, 42, 5º A, 36206 Vigo.

Expediente: Illas-2013-42.

Interesada: Hacce Soluciones TIC, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Bueu, 1, 2º dereita, 36209 Vigo.