Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT provisional para obra do túnel AVE en Porto, no concello de Vilar de Barrio (expediente IN407A 2013/8-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Dragados, S.A.

Domicilio social: avda. de Tenerife, 4 e 6, 28700 San Sebastián de los Reyes.

Denominación: LMT e CT provisional para obra do túnel AVE en Porto.

Situación: Vilar de Barrio.

Características técnicas:

LMT, provisional, aerosubterránea a 20 kV, de 1.274 m en aéreo con condutor LA-56 e 745 m en subterráneo con condutor RHZ1, con orixe no apoio 185/162 da LMT, XIN803 Sarreaus e remate no CT proxectado, provisional, prefabricado, túnel do AVE en Porto de 1.500 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 118.256,56 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 5 de agosto de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense