Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35151

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (211/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 211/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Marta Sesar Segade contra a empresa Grace Antonia Nouel Brache, sobre ordinario, se ditou auto en que se despacha execución e decreto de acumulación con data do 31 de xullo de 2013, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva do auto

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada no procedemento ordinario 260/2012 a favor da parte executante, Marta Sesar Segade, fronte a Grace Antonia Nouel Brache, parte executada, por importe de 4.354,47 euros de principal, máis 318,53 euros de xuros de mora, máis outros 467,30 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Non despachar execución contra Grialibros, S.L., por estar en concurso, que se tramita no Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Español de Crédito, conta nº 0030 1846 42 0005001274, debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-Reposición». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a A secretaria xudicial

E a parte dispositiva do decreto:

Acordo acumular esta execución número 211/2013 á seguida nesta oficina xudicial co número 185/2012.

Lévese testemuño desta resolución á execución correspondente e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Grace Antonia Nouel Brache, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial