Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34797

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO sobre solicitude de licenza para a construción dunha nave para gando vacún.

José Carlos López Picos solicitou licenza municipal para construción dunha nave para corte de gando vacún de carne e unha balsa de xurro a situar na Broza, polígono 73, parcela 145.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, -que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello, e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O presente anuncio servirá de notificación a todos aqueles interesados aos cales non se lles puidese practicar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 2 de agosto de 2013

Joaquín González González
Alcalde