Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34798

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de ampliación da delegación de competencias na Deputación Provincial de Lugo en materia de recadación.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do 19 de febreiro de 2008, publícanse as bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación con tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros, polo Concello de Baralla. Tamén foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 46, do 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 286, do 13 de decembro de 2008, publícase a reforma das citadas bases.

O Concello de Baralla amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo Acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de maio de 2013, que é aceptada pola Deputación Provincial (Decreto 1482, do 14 de xuño de 2013), segundo o teor literal seguinte:

«… Acordo:

Primeiro. Delegar na Deputación Provincial de Lugo as competencias de xestión recadatoria en período voluntario, a partir do 1 de xullo de 2013, de:

– Taxa de subministración de auga potable a domicilio.

– Canon de auga.

– Taxa pola prestación de servizos de depuración de augas residuais e sumidoiros.

– Taxa pola recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos.

Segundo. Remitir certificación do presente acordo á Deputación Provincial de Lugo para o seu coñecemento e demais efectos.

Terceiro. Falcultar o alcalde para a sinatura da documentación pertinente para a execución do presente acordo».

O día 12 de xullo de 2013, no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 159, publícase o contido do acordo do citado concello.

Lugo, 15 de xullo de 2013

P.D. (Decreto 2821/2011, do 15 de xullo)
Mª del Pilar García Porto José Antonio Mourelle Cillero
Deputada delegada de Economía, Secretario
Recadación e Facenda