Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34796

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para un mesón.

María José Méndez López solicitou licenza municipal para mesón en Escairón, praza de España, 5.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do día 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, -que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello, e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O presente anuncio servirá de notificación a todos aqueles interesados aos cales non se lles puidese practicar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 2 de agosto de 2013

Joaquín González González
Alcalde