Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34786

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación parcial no local sito na rúa Doutor Fléming 15, para adaptar o edificio ás condicións de accesibilidade exixibles.

O tenente alcalde responsable da Área de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, con data do 18 de xuño de 2013, por delegación do alcalde a través do Decreto do 13 de xuño de 2011, emite o decreto en que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto:

1. Aprobar inicialmente a expropiación parcial do local comercial situado na rúa Doutor Fléming 15, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titulares: Eugenio Prado Fachal e Remedios Sobriño Naveiro.

Ben: local comercial de planta baixa.

Terreo rexistral: 18544 do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 10,35 m2.

Prezo da expropiación: 16.327,30 €.

2. En virtude do establecido no artigo 118.2 da Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles do Concello da Coruña, o expediente tramitarase polo procedemento de taxación conxunta.

3. O expediente someterase á información pública polo prazo dun mes mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, e estará exposto na Oficina Municipal de Rehabilitación deste concello. Así mesmo, a taxación notificaráselles individualmente aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos.

4. Requirirlle á comunidade de propietarios do edificio situado na rúa Doutor Fléming 15, en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio, que, con anterioridade á aprobación definitiva do expediente, deposite o importe ou aval bancario do 20% da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a tres mil douscentos sesenta e cinco euros con cincuenta céntimos (3.665,50 €)».

O que se publica para os efectos do inicio do trámite de información pública, de conformidade co artigo 143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será exposto ao público polo prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

Martín Fernández Prado
Tenente alcalde responsable da Área de Medio Ambiente,
Infraestruturas e Territorio