Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública sobre licenza para construción de balsa de xurro.

Sixto Pérez López, en representación de S.A.T. Casabella, solicitou desta alcaldía licenza municipal para construción de balsa de xurro para situar en Ladrido, San Xusto de Cabarcos. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Barreiros, 27 de agosto de 2013

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde