Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 6 de agosto de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00591-O-2013 e LU-02054-O-2012).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmase que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 6 de agosto de 2013

José María López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00591-O-2013

5386-FLM

Garda civil

2704 I64330I

Transportes Blázquez Reyes, S.L.

B05236252

Río Terá, 47, 05004 Ávila

Calquera das infraccións previstas no artigo 141, cando, pola súa natureza, ocasión ou circunstancia non deba ser calificada como grave: exceso na condución ininterrompida superior ao 20 % e inferior ou igual ao 50 % do tempo máximo autorizado sen observar as pausas regulamentarias. Atenuante-condución ininterrompida (máis de 6.15 h a 6.45 h).

18.2.2013; 18.45; N-634; 622,00

Art. 198.6 ROTT,

art. 141.6 LOTT

Art. 142.25 LOTT,

art. 143.1.k) LOTT

400 euros

LU-02054-O-2012

9013-FRK

Garda civil

2704 I64330I

Emilio Gregorio Chenlo

35463673L

Avda. Mahía-Bertamiráns, 75-A, 4º F, 15220 Ames (A Coruña)

Calquera das infraccións previstas no artigo 141, cando, pola súa natureza, ocasión ou circunstancia non deba ser calificada como grave: exceso na condución ininterrompida superior ao 20 % e inferior ou igual ao 50 % do tempo máximo autorizado sen observar as pausas regulamentarias. Atenuante-condución ininterrompida (máis de 6.15 h a 6.45 h).

28.11.2012; 7.28; A-8; 573,00

Art. 141.6 LOTT,

art. 198.6 ROTT

Art. 143.1.k) LOTT,

art. 142.25 LOTT

201 euros