Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 9 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de xogo número OU-13/12.

Segundo consta no expediente, unha vez intentada a práctica da notificación a Gil Vázquez Vázquez, en relación co expediente sancionador en materia de xogo OU-13/12 que se relaciona no anexo que se achega, non foi posible efectuala, polo cal, esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

O interesado poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma 25-27 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de alzada ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou calquera outro que considere pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: OU-13/12.

Interesado: Gil Vázquez Vázquez.

DNI/NIF: 34247993G.

Último enderezo coñecido: rúa Camiño de Pipín, 13-1º, 27004 Lugo.

Data da resolución: 23 de xullo de 2013.

Tipificación e precepto infrinxido: grave.

Sanción: 3.000,01 € .