Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 144/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT Soñeiro.

Situación: concello de Sada.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,642 km, coa orixe na cela libre do CT Mandín Vilabranca (expediente 87/06), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV- 3(1×240) Al, e final na cela libre do CT Urbanización Xardín de Mandín (expediente 79/03).

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,335 km, coa orixe en apoio existente HV-13-1000 da liña SMC716-Pontedouro-As Pedreiras 16, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV- 3(1×240) Al, e final no CT proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea con orixe no CT proxectado cunha lonxitude de 1,125 km, en condutor RZ.

Liña de baixa tensión soterrada coa orixe no CT proxectado, cunha lonxitude de 0,903 km, en condutor XZ1.

Liña de baixa tensión aérea coa orixe no CT urbanización Xardín de Mandín, cunha lonxitude de 0,250 km, en condutor RZ.

Liña de baixa tensión soterrada coa orixe no CT urbanización Xardín de Mandín, cunha lonxitude de 0,154 km, en condutor XZ1.

Liña de baixa tensión soterrada coa orixe no CT Mandín II, cunha lonxitude de 0,020 km, en condutor XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de agosto de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña